mércores 04 xuño 2014

O AIRE E A AUGA

O AIRE

EXPERIMENTOS SOBRE AS PROPIEDADES DO AIRE

O aire ocupa espacio







O aire pesa


A AUGA






VARIABLES METEOROLÓXICAS

domingo 01 xuño 2014

RADIO ESCOLAR

Nesta ocasión os representantes de 4º A na Fiestra dos cuartos foron Marta, Lara, Adrián e Borja que nos contaron como celebramos no 2º ciclo o día de Europa. 


APRENDENDO A CIRCULAR

A semana pasada fomos de visita ao concello para escoitar unha charla moi interesante sobre seguridade vial, pero o que máis nos gustou foi montar nas pedaletas e facer que eramos coches e peóns.









martes 06 maio 2014

O SISTEMA SOLAR

No novo tema de coñecemento imos viaxar moi lonxe: ao espacio. Empezaremos por coñecer o nome dos planetas que, xunto coa Terra, forman o Sistema Solar.


E para que nos sexa un pouco máis sinxelo recordar todos os nomes aquí queda unha canción.


Doki descubre os planetas.

Como é o sistema solar.

Os movementos da Terra.

Doki descubre el día y la noche.

Como é un eclipse solar?

Doki descubre las fases lunares.

Algúns xogos.

SESIÓN DE ANIMACIÓN NA BIBLIOTECA

Hoxe visitounos un animador que nos falou do libro que estamos lendo: Down. Fixemos  varios xogos e contounos algunhas historias moi graciosas. Ademais fíxonos un debuxo chulísimo.







xoves 01 maio 2014

REPASANDO COÑECEMENTO

A semana pasada tivemos exame do tema 10 de coñecemento. Era de historia e tivemos que estudar moito, así que  para repasar e que non se nos esquecera nada, pasamos unhas horas xogando a un xogo de preguntas sobre o tema.




mércores 30 abril 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o escritor homenaxeado o 17 de maio, día das Letras Galegas é José María Díaz Castro.


Naceu en Guitiriz no 1914, no seo dunha familia labrega, polo que Xosé María tivo que traballar en todo tipo de faenas agrícolas.
Os seus primeiros estudos realizounos na escola da súa aldea natal e con 15 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo para seguir os estudos de crego e alí escribiu os seus primeiros poemas.
Ao deixar o Seminario dedicouse ao ensino e a estudar diferentes idiomas, traballando como traductor en Madrid.
É autor dun único libro de poemas en lingua galega, "Nimbos".
A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.

Os nenos e nenas de 4º A e D participaremos no festival que se levará a cabo no noso cole con motivo desta celebración representando unha obra teatral na que contaremos a historia de como Avelino Cachafeiro compuxo a Muiñeira de Chantada, a muiñera máis famosa de todas as muiñeiras.

Pincha no gaiteiro para escoitar a narración.


Déixovos tamén unhas fotos da época para que vos vaiades facendo unha idea do vestiario que precisaremos para a obra.